Thursday 4 December 2008

Bauman, Z. (2008) La comunidad, en busca de la seguridad en un mundo hostil

Do traballo que fixen sobre Bauman, una anaco (fíxeno en castelán)...


"La postmodernidad trajo consigo una individualización extrema del ser humano. Cada vez
con maior frecuencia vemos encumbrarse el mito del sef-made man o self-made woman, la virtud de aquel/aquella que ha llegado a ser quien es sin ayuda de nadie, en la más absoluta soledad. El héroe o la heroína no es la persona que más beneficie a la comunidad o que más haya contribuido al bienestar de su grupo social, sino quien ha sido capaz de “llegar lejos” -normalmente entendido como haber ganado dinero- sin haber recibido la ayuda de nadie ni haberse cuestionado nunca la naturaleza de las dificultades que ha ido encontrando. El mérito está, pues, en ganar el juego sin saber exactamente cuales eran las reglas ni mucho menos cuales eran los intereses de la banca. Porque, como bien dice Bauman, para alcanzar sus intereses a la banca le sobra la comunidad. Si consigue deshilar las redes de apoyo social la gente se volverá más obediente y dócil y, finalmente, más consumidora: de planes de pensiones, de seguros sanitarios privados, de terapias o medicamentos, de abogados, de televisión, etc., es decir, de productos de seguridad momentánea"

Thursday 13 November 2008

"Tener una vida politizada es, muchas veces, tener una vida rota" Santiago L. Petit


Poida que aínda que non queiramos sexa o momento de voltar ás vidas politizadas, ás vidas rotas. Ás vidas que loitan simplemente por deixar de ser posibilidade e facerse tanxibles. Ás existencias desobedientes e anómalas.

Wednesday 1 October 2008

Basaglia, F. y Basaglia, F. (1973) La mayoría marginada. La ideología del control social.


¿Qué é exactamente o imperdoable da persoa con enfermidade mental? ¿Qué é o que fai que se lle tema, que se lle exclúa, que se lle etiquete e se lle controle, segundo Franco Basaglia? ¿É por culpa da imaxe que se nos da dende certos sectores, coma seres perigosos e violentos? Se aceptasemos isto sen afondar máis, para min sería confundir un medio cunha causa: poida que en parte o medo ao enfermo mental sexa consecuencia do seu estigma, pero iso non contesta a pregunta principal: ¿por qué se produce tal estigma, qué intereses pode haber na creación no imaxinario social do trinomio enfermo mental=loco=violento, cando de sobra é coñecido a inexistencia de estudios que relacionen positivamente a enfermidade mental coa violencia? A tese principal de Basaglia é que o crime cometido é "non desempeñar un papel activo ou pasivo na producción ou rexeitar (por elección ou por necesidade) o papel de consumidor". Tachán! Na camisa do esquizofrénico, do demente, do discapacitado, a mancha de sangue do capitalismo postindustrial.



¿Quédanse así as cousas? ¿Permitése a existencia dun grupo fóra da norma? ¿Se lles exclúe e nada máis? Para Basaglia, isto sería demasido perigoso. Nos recunchos oscuros, entre os rexeitados, sempre pode nacer unha faísca de rebelión ou simplemente unha forma de vida -unha subcultura- que negara a imbatibilidade do capitalismo coma única forma de vida posible e desexable. Unha vida sen consumo, nos din, non é unha vida. Non debe ser considerado vida. Por todo isto, e nunha manobra que o autor denomina objetividade do poder, o sistema inclúe aos/ ás marxinados/as a través dunha ideoloxía sociopsiquiátrica onde, mediante terapias, medicamentos, controis sanitarios, etc. se lles poida catalogar coma enfermos/as e, polo tanto, perdan totalmente toda capacidade subversiva para pasar a ser considerados/as obxectivos principais do Estado de Benestar. De fondo, como non, a idea do título: a ideoloxía do control social.

Friday 26 September 2008


"A vida nunha sociedade feita por e para criaturas que, se non son sinistras e deprimentes, son absolutamente aburridas, só pode ser, se non é sinistra e deprimente, absolutamente aburrida"

Manifiesto SCUM, Valèrie Solanas




Escapando de vidas cotiás, buscando dores e ledicias complementarias, asumindo avances e reivindicando erros. Así nace este blog.