Wednesday, 1 October 2008
Basaglia, F. y Basaglia, F. (1973) La mayoría marginada. La ideología del control social.
¿Qué é exactamente o imperdoable da persoa con enfermidade mental? ¿Qué é o que fai que se lle tema, que se lle exclúa, que se lle etiquete e se lle controle, segundo Franco Basaglia? ¿É por culpa da imaxe que se nos da dende certos sectores, coma seres perigosos e violentos? Se aceptasemos isto sen afondar máis, para min sería confundir un medio cunha causa: poida que en parte o medo ao enfermo mental sexa consecuencia do seu estigma, pero iso non contesta a pregunta principal: ¿por qué se produce tal estigma, qué intereses pode haber na creación no imaxinario social do trinomio enfermo mental=loco=violento, cando de sobra é coñecido a inexistencia de estudios que relacionen positivamente a enfermidade mental coa violencia? A tese principal de Basaglia é que o crime cometido é "non desempeñar un papel activo ou pasivo na producción ou rexeitar (por elección ou por necesidade) o papel de consumidor". Tachán! Na camisa do esquizofrénico, do demente, do discapacitado, a mancha de sangue do capitalismo postindustrial.
¿Quédanse así as cousas? ¿Permitése a existencia dun grupo fóra da norma? ¿Se lles exclúe e nada máis? Para Basaglia, isto sería demasido perigoso. Nos recunchos oscuros, entre os rexeitados, sempre pode nacer unha faísca de rebelión ou simplemente unha forma de vida -unha subcultura- que negara a imbatibilidade do capitalismo coma única forma de vida posible e desexable. Unha vida sen consumo, nos din, non é unha vida. Non debe ser considerado vida. Por todo isto, e nunha manobra que o autor denomina objetividade do poder, o sistema inclúe aos/ ás marxinados/as a través dunha ideoloxía sociopsiquiátrica onde, mediante terapias, medicamentos, controis sanitarios, etc. se lles poida catalogar coma enfermos/as e, polo tanto, perdan totalmente toda capacidade subversiva para pasar a ser considerados/as obxectivos principais do Estado de Benestar. De fondo, como non, a idea do título: a ideoloxía do control social.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment