Na sala de espera da consulta do Dr.Bruno Bettelheim, dúas mulleres se miran. Unha non sabemos cómo se chama, chamaremola polo tanto sra. X, a outra é Lorraino Roberts, estadounidense, nai dun fillo con autismo. A sra. X comeza a conversa.
-Ah, é vostede outra desas nais neveira?
-A qué se refire?
-É que non o sabe? Iso é o que somos.
Durante prácticamente 3 décadas o discurso dominante dentro das explicacións dos trastornos do espectro autista baseábase na psicoanálise, nomeadamente, na teoría das "nais neveira" de Bruno Bettelheim. Segundo o autor, o citado trastorno sería debido a que as nais, a raíz dunha incompetencia na maternidade consecuencia de problemas na infancia, decátandose "de que su deseo es que sus hijos no existan, se espantan tanto de sus propias inclinaciones que inhiben toda espontaneidad y sentimiento en su trato con los pequeños” (B.B., La fortaleza vacía, 1967). Deste xeito, moit*s dest*s nen*s foron separad*s das súas"perxudiciais" nais e internad*s en escolas de "curación" mentras elas eran sometidas a terapias que buscaban a xénese deste mala influencia. O paradoxal é que a estas nais se lles quitaba a posibilidades de ser todo aquilo para o que foran educadas, isto é, nais tradicionais, polo que finalmente se lles baleirou a vida ao despoxala de todo senso e valor, de toda capacidade de autosuficiencia e competencia.
Pero voltemos ao diálogo. Non dixo "o q pretenden q sexamos", nin sekera "o q din q somos" senón "O que somos". A certeza dunha subxectividade (re)construida a partir dun discurso sen saída, sen posibilidade de escape: a asunción dunha culpa e polo tanto a delegación nunha autoridade. Sen voz, sen decisión, sen liberdade, sen nada. A Psicoloxía, aínda que miremos para outro lado, produce discursos de poder con intención de regulación e de control... Benvido, sr. Foucault!
A reportaxe: http://www.tu.tv/videos/estoy-junto-a-ti-la-noche-temetica#

No comments:
Post a Comment