Quen cambia os termos, declara a guerra, lin nalgún libro. Quen intentando facer un discurso pretendidamente revolucionario segue mantendo a terminoloxía da forza contra a que loita, fracasa de antemán. Os discursos non son inocentes, non. Pero, ¿cómo crear nomenclatura nova, cómo facelo? É coma se de súpeto alguén nos dixera que a mesma palabra chuvia suxire unha xerarquía, unha maneira autoritaria de entender o mundo. ¡Teríamos que sinala co dedo cando acontecese! ¡Ou lle chamaríamos “ese auga que cae do ceo”! Creo que iso se entende ben a primeira vez que escoitas que alguén chama ás enfermidades malestares ou aos trastornos dores. ¡E o cambia todo! E pasamos a falar de alienación, liberdade, loita, etc. Se mudan os significados e se resignifican as palabras, nun baile que vai máis alá do xogo de nomenclaturas para chegar desenmascarar esa suposta asepsia e cientificidade, ese halo de Verdade, con V maiúscula, con V de Victoria... ¡Nas outras voces, nas ignoradas, escoitaremos as novas palabras! ¿Seremos quen de oilas?
Wednesday, 25 February 2009
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment