"Disque d*s supervivintes que voltaban -e voltan- dos campos, non tiñan nada que contar, que canto máis auténtica era a súa testemuña, menos trataban de comunicar o que viviran. Como si el*s foran *s primeir*s asaltad*s pola dúbida sobre a realidade do que lles sucedera, de ter confundido, por azar, un pesadelo con un acontecemento real. Sabía -e saben- que en Auschwitz o en Omarska non se fixeran 'máis sabi*s, ou máis profund*s, nin mellores, máis human*s ou máis benevolentes en relación ao home', e que moi ao contrario sairan de alí espid*s, baleir*s, desorientad*s. E non tiñan ganas de falar diso. Salvando as distancias, esta sensación de sospeita fronte á propia testemuña tamén é válida, nalgunha medida, para nós. Semella coma se nada do que temos vivido nestes anos nos dera autoridade para falar"
Agamben, G. (1996) Medios sin fin. Notas sobre política.
Agamben, G. (1996) Medios sin fin. Notas sobre política.
No comments:
Post a Comment